Ai rosiña, rosiña.
Canto máis me quero apretar
máis agullas pos na miña vida.
Que había de esperar?
Ai, a miña rosiña,
que me enche o ceo enteiro
do escarlata da guerra,
e é ao mesmo tempo o sol
que me torna a min florciña.
Ai, rosa de lume na altura,
sempre sobre a miña cabeza,
mais preto das miñas mans, nunca.
Cando agarimo as túas follas
tírasme unha dor aguda.
E ti esperas, belida,
que te esqueza unha poetisa?
Que é o que esperas do mundo
co que lastiman as espiñas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario